O que empezou coma unha curta, foi crecendo e agora quere tomar forma de longametraxe.
Dous cambadeses forman parte deste proxecto, Olga González e Ademar Silvoso.
"El Color del Miedo" é unha longametraxe que conta a historia de tres personaxes atormentados, das súas relacións e de como se conectan as súas vidas. O verde e o vermello, as cores dos medos de Federico e Valeria, veranse tinguidos dun amarelo que cubrirá toda a trama.
E agora necesitan de todos para que ese proxecto se faga real. E cómo? Pois apoiandóos económicamente na campaña de Crowdfunding.
Fai xa uns cuantos meses comezaron esta nova aventura da produción de "El Color del Miedo". Querian pechar unha etapa na Coruña, coa produción dunha curtametraxe, que finalmente, despois de moito pensar, terminouse decidindo apostar pola realización dunha longametraxe.
O que xamáis podían imaxinar é todo o que aos poucos ían conseguindo e que en breves saberedes que é.
Cada día máis agradecidos con todos, polo apoio e agarimo que están a recibir.
Sabedores de que moitos aínda non confían, en que sexan capaces de lograr este reto, están a traballar duro, para non defraudar a ninguén e que esta película quede tal e como se merece, xa non só por todos os profesionais que dedicarán o seu tempo neste proxecto, senón polo o orgullo persoal e profesional.
Comparten o crowdfunding da película, onde explican todo o que será "El Color del Miedo" e ogallá vos interese formar parte deste proxecto, xa que necesitan calquera axuda para poder realizar as cousas, tal e como queren.
Como apoios destacados, Pajaruelos Cortos conta coa colaboración de ACOFIFA (Asociación Coruñesa de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple), que tras coñecer a o proxecto, decidiu colaborar co a película para colaborar a dar visibilidade á fibromalgia, enfermidade que se trata na película.
Doutra banda, contan co apoio de diferentes empresas que apoian o proxecto mediante a cesión de material para os departamentos de arte e produción.
Toda a información e como colaborar, AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.