Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de mayo de 2016

CONFERENCIA SOBRE CABANILLAS EN MARÍN









En conmemoración do 140 Aniversario de Ramón Cabanillas, o vindeiro xoves 2 de xuño ás 20:30 no Museo Manuel Torres de Marín terá lugar a conferencia "Ramón Cabanillas, o poeta das Irmandades da Fala", onde intervirán Víctor Caamaño, Aurora "Pitusa" V. Cabanillas e Francisco Fernández Rei.


Coincidindo co centenario das Irmandades da Fala o Clube de Opinión Portocelo organiza un acto conmemorativo do a 140 aniversario de Ramón Cabanillas, "poeta da raza" e un dos precursores do secular movemento galeguista. 
Será o xoves 2 de xuño no Museo Manuel Torres e consistirá nunha disertación sobre "Ramón Cabanillas, o poeta das Irmandades da Fala", a cargo de Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e membro numerario da Real Academia Galega, e asesor da comisión do Ano Cabanillas. 
A esta conferencia seguirá un recital poético con poemas de Cabanillas, no que participarán Tesi L. Carragal e Queta Molas, eó que lle porán música Samu Acuña (voz e guitarra) e o grupo folcórico Pousos da Area, que colaboran desinteresadamente con esta conmemoración. 
O acto contará coa presenza da neta do recordado poeta cambadés, Pitusa V. Cabanillas, gran defensora e promotora do legado cultural do seu avó. Ramón Cabanillas, nado en Cambados o 3 de xuño de 1876, foi outro dos intelectuais galegos que tiveron certa vinculación con Marín a través dos Xogos Frorais que organizaba aló polos anos cincuenta a Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia a quen cedeu o seu poema "Un piniño novo" para a promoción do añorado certamen poético e literario marinense.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.