Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de febrero de 2016

O I.E.S. ASOREY CUMPRE 25 ANOS CON ACTIVIDADES CULTURAIS I EDUCATIVAS








O IES Francisco Asorey celebra o seu 25 aniversario cun ciclo de charlas baixo a denominación "Son dos Nosos".
Nestas charlas artistas locais falarán sobre as suas vivencias e as suas traxectorias como artistas. 

Durante a vindeira semana, cada día haberá unha actividade relacionada con artistas arousás.
Así, o luns 22 de febreiro, os alumnos do IES Asorey participarán na charla sobre o grupo cambadés " Leda Atómica" e o martes disfrutarán dunha actuación de jazz da man do músico vilanovés Paco Charlín
Xa o mercores, a charla tratará sobre o grupo musical "Noite Fechada" e o xoves será o turno da cantante Dolores Allegro Crespo.
O venres 26 de febreiro, o actor cambadés Ademar Silvoso será o encargado de pechar "Son dos Nosos".

Aparte destas actividades o centro organizará as actividades educativas seguintes.

Luns, 22 de febreiro asisturán á actividade “Monólogos Científicos”, na Cidade da Cultura de Santiago alumnos de 3º ESO-C e 4º ESO-A do Departamento de Tecnoloxía.

O 1 de marzo asistirán na Coruña a representación da obra "Electra" de Sófocles os alumnos de 4º de ESO do Departamento de Latín e Grego no Festival de Teatro Grecolatino.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.