O Concello de Cambados programa para as próximas semáns un novo ciclo de teatro familiar "Teatro ás 6" con 4 obras dirixidas a todos os públicos.
O ciclo comeza xa este domingo 21 coa obra "A Tropa Trapalleira. Pequena trapallada e algunha que outra batalla" de BocAberta.

A Tropa Trapalleira, Rosiña, Laranxiño e Mariña, presentan “Pequena trapallada e algunha que outra batalla”.
Un espectáculo para nenos e nenas de 6 a 99 anos, 100% dinámico e colorista que nos fai reflexionar sobre o absurdo da guerra e as súas consecuencias. A través do traballo corporal dos actores que bebe da farsa e da commedia dell'arte e apoiándose na música e na videocreación, constrúen un universo de diversión no que se poñen en valor cousas tan importantes como a amizade, o respeto, o compañeirismo e o amor.
Un catálogo de trapalladas bélicas que, a través do humor, pretende invocar á tolerancia e á solución pacífica dos conflitos como bálsamo necesario nestes inquedantes tempos armados.
As seguintes obras a representar serán.....
CARAMUXO TEATRO
FEO! ( INSPIRADO EN " O PARRULO FEO") para o 28 de febreiro
O domingo 6 de marzo TANXARINA representará a obra A CASA DO AVÓ.
E o 13 de ese mesmo mes estará no auditorio Municipal da Xuventude Baobab Teatro S.L coa obra LUPPO
Todas as obras serán representadas no Auditorio Municipal da Xuventude as 6 da tarde e os precios serán de 3´50 € ou 2´50€
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.