Alerta xeral: atopan a tumba de Franco baleira e aberta desde dentro
![]() |
| Peritos do Ministerio do Interior analizan a lápida removida da tumba do xeneral Franco |
Peritos do Ministerio do Interior analizan a lápida removida da tumba do xeneral Franco
Segundo as mesmas fontes, o monxe "se arremangó la sotana" e correu ata un lado do altar baixo o que se atopa un botón de pánico disimulado que foi instalado a mediados de 1980 por orde do ministro Juan José Rosón (por si las moscas) que pecha herméticamente todas as saídas da Abadía con ferros de aceiro de medio metro de grosor.
Moi pouco despois, o monxe espertou ao señor abade, que de inmediato se puxo en contacto co ministro do Interior, que á súa vez comunicou ao presidente do Goberno o achado, que á súa vez espertou á súa Maxestade o Rey Don Felipe VI para informarlle de que as primeiras noticias aseguraban que as marcas atopadas na lápida indican que esta foi removida desde dentro.
As mesmas fontes confirmaron que, ás 07:35 horas recibiuse unha chamada no servizo de emerxencias da Comunidad de Madrid na que un camioneiro de Cuenca informaba do avistamento dun señor bastante maior e baixiño cun uniforme de gala de capitán xeral dos Exércitos andando amodo, algo errático e polvoriento, pola estrada da Coruña en dirección a Madrid.
A tal hora, podemos confirmar que se deu a orde de que 500 homes da Unidade de Intervención da Policia e oito tanquetas da Garda Civil formen un dobre perímetro de seguridade en torno ao Palacio da Moncloa e ao da Zarzuela. Ao mesmo tempo, ordenouse o acuartelamento das tropas e decretouse alerta máxima ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Por agora, as fronteiras permanecen abertas e dous cazas de combate da Base Aérea de Zaragoza sobrevoan a zona "armados con mísiles aire-terra", segundo fontes militares.O presidente do Goberno xa comunicou a noticia ás altas autoridades do Estado e aos presidentes autonómicos, algúns dos cales precisou de atención médica por ataques de ansiedade. A esta hora, non se descarta o decreto do Estado de Alarma en todo o territorio.
Polo que puidemos saber, reina Dona Letizia foi trasladada a un lugar seguro.
Seguiremos informando a medida que se vaian coñecendo máis noticias sobre este estraño suceso...................
Este texto é casi a reproducción exacta do publicado polo xornal satírico La Gallina Ilustrada o pasado 29 de setembro.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.