O estudantado do CEIP San Tomé gozará do proxecto teatral e literario de Os Quinquilláns e Editorial Galaxia o mércores día 11 ás 10h, no Auditorio da Xuventude
O proxecto teatral e literario ideado por Os Quinquilláns e Editorial Galaxia a partir do Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas chega a Cambados. O alumnado do CEIP San Tomé gozará o mércores día 11 a partir das 10h, no Auditorio da Xuventude, con este clásico da literatura infantil galega que xa viaxou polos teatros de medio mundo e que aterra agora de novo nos escenarios galegos, acompañada dunha edición especial do libro que lle dá orixe.A historia de xenerosidade ideada por Xosé Neira Vilas está contada, na versión teatral de Lucho Penabade e Tero Rodríguez, polos nenos que no seu día conseguiron superar a miseria grazas á xenerosidade do espantallo amigo e que, xa convertidos en home e muller, queren facer unha montaxe teatral que explique o sucedido. Acompaña a representación teatral unha versión impresa ilustrada por Xaquín Marín que o público leva consigo, para continuar os momentos de risa e reflexión vividos no patio de butacas coa lectura demorada na casa.
O proxecto ofrece un traballo transversal que lles permite aos espectadores-lectores comprender as relacións entre as distintas linguaxes artísticas e que colleitou un grande interese entre o profesorado galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.