Un total de 378 incidencias foron xestionadas (entre as 08:00 horas horas de onte e as 11:00 horas de hoxe) polo persoal do CAE 112 Galicia, relacionadas coa meteoroloxía adversa que, dende onte afecta á nosa Comunidade. A maioría das intervencións, un 43%, estiveron relacionadas coa caída de árbores e ramas, e, en menor medida, (un 13%) coa acumulación de auga en estradas e anegamentos en rúas, baixos comerciais e vivendas. Por provincias, a mais afectada foi a de Pontevedra, con un 43% de incidencias rexistradas, seguida de A Coruña cun 35%, Ourense cun 14% e un 7% para Lugo. En canto ós concellos mais afectados están o de Padrón, Rianxo, Arzúa e Santiago de Compostela na provincia de A Coruña; Bueu, Cangas, Vigo, Vilagarcía e O Porriño na de Pontevedra. En Ourense, Castro Caldelas, Ramirás y Ourense, e, por último en Lugo, os de O Saviñao, Palas de Rei e Lugo. Aínda así, ningunha das intervencións, afortunadamente, revestiu gravidade.En Cambados, ademais, a Policía Local e os Bombeiros do Salnés tiveron que retirar e apontoar unha estada dunha obra que caeu sobre a vía pública. Tamén foi preciso actuar na estación de autobuses, onde varios ferros metálicos saíron voando. A última hora da mañá, os axentes optaron por pechar a céntrica praza de Alfredo Brañas, tras constatar a caída de varias ramas sobre a mesma. Por último, a uralita dun edificio saíu voando e causou danos nalgúns vehículos estacionados. O recén estreado Pavillón do Instituto Cabanillas sufrei as incidencias do temporal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.