TELÉFONOS DE INTERESE

7 de julio de 2015

O XURADO DO CONCURSO DO CARTEL DO ALBARIÑO BUSCA OUTRO GAÑADOR.






DESCALIFICADO POR FALTA DE ORIXINALIDADE O DESEÑO GAÑADOR DO CARTEL DO ALBARIÑO.
Según contan desde O xurado do concurso de carteis  designado polo Concello de Cambados para elixir o cartel da Festa do Albariño decidiu, por unanimidade, descalificar ao deseño gañador do certame.
O motivo desta decisión é "o de ter detectado que ningún dos elementos que conforman a composición é orixinal, aínda que si o é o resultado desta e tamén se nos demostrou que a autora do cartel adquirira os dereitos dos elementos gráficos utilizados neste". O xurado considera que este deseño non responde ao concepto de orixinalidade que se buscaba no cartel gañador.
Lonxe de quedar a decisión aí decideu que so tería en conta aqueles deseños que "garantizasen" orixinalidade. Moitos dos carteis presentados presentan dudas sobre o seu deseño eo  xurado tamén  decideu reconsiderar dende o principio a súa decisión e ter en conta só aqueles deseños nos que había garantías de orixinalidade.
Finalmente, a decisión foi comunicada ao Concello de Cambados, que será o encargado de facer público o fallo en próximas datas.

Pucas horas despois de salír a luz o cartel gañador montárase un gran "revuelo" polo deseño.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.