TELÉFONOS DE INTERESE

7 de julio de 2015

INAUGURACIÓN DO PAVILLÓN DO INST. CABANILLAS







Cambados dispón xa para o seu uso do remodelado pabillón do Instituto Ramón Cabanillas.
As obras de reforma integral, realizadas pola Deputación de Pontevedra cun investimento duns 750.000 euros, no que se incluiu a reforma do campo de fútbol do Pombal, están xa rematadas e foron supervisadas esta mañá polo presidente da institución provincial Rafael Louzán, e o Concelleiro de Cultura e Deportes, Victor Caamaño e o concelleiro José R. Abal. Tamén asistiron como auténticas aves de rapiña o concelleiro do PP Antonio Iglesias acompañado do (virtual) Deputado Provincial Aragunde.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, inaugurou esta mañá o novo pavillón do colexio Cabanillas, en Cambados, despois da reforma integral realizada no recinto. "Seguimos na liña de mellorar as infraestruturas deportivas e esta era unha necesidade para Cambados. Este novo pavillón de deportes, totalmente remodelado, tanto interior coma exteriormente, vai permitir un desafogo importante da gran cantidade de actividade deportiva que ten este concello", sinalou.
Logo dos traballos realizados o pavillón pode empregarse para a práctica de fútbol sala, baloncesto, balonmán e voleibol. Instalouse unha pista de material de última xeración, construíronse bancadas e vestiarios, e renovouse todo o equipamento e material do recinto.
O presidente da ANPA queixouse nas redes de que nin ANPA nin dirección do centro, segundo el mesmo foran convidados aos actos. Podemos asegurar que este acto estaba programado de antemán porque aparece poublicado na web da Deputación.
Rafael Louzán quixo aproveitar esta visita a Cambados para supervisar, xunto ós responsables municipais, o estado no que se atopa a estrada O Sineiro-Vilariño despois da obras de mellora da seguridade realizadas no lugar.
A Deputación sufragou esta actuación cunha subvención a cargo do PPOS, de 240.409 euros, para acometer a primeira fase da mellora integral da estrada de subida a Burgáns, desde o cruzamento coa avenida de Vilariño ata as proximidades da parcela onde se sitúa a empresa Transportes Núñez.
Levouse a cabo unha renovación integral do pavimento da estrada e construíronse beirarrúas nunha das marxes da calzada co fin de mellorar as condicións de seguridade da vía que sirve de acceso ó colexio de Vilariño, ó campo de fútbol e á bodega Martín Códax.

Imaxes de AROUSA SI RADIO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.