DOUS COMPETIDORES DO VITAL SPORT NO CAMPIONATO MUNDIAL MISS
E MISTER UNIVERSO I.B.F.A. DE FÍSICOCULTURISMO E FITNESS.
Este fin de semana, dous dos competidores do ximnasio Vital Sport Cambados, e como parte de equipo de competición Body Sport Team, patroneado e dirixido polo preparador Julio García Pampín, desprazáronse ata a localidade italiana de Sapri, concretamente Micaela Santillán Nanín e Eloy González Costa, os cales xa anteriormente conseguiran uns resultados impresionantes. Micaela, Campioa Galega A.E.F.F, Campioa Norte de España A.E.F.F., novena por unha mala pasada de nervios no Olimpia de A.E.F.F., Campioa Galega e Norte de España de I.B.F.A., e Campioa de España I.B.F.A. Eloy, Campión Galego A.E.F.F., Campión Galego e Norte de EspañaI.B.F.A., Sub Campión de Nacional Olimpia A.E.F.F., Campión de España I.B.F.A.
participantes dun moi alto nivel, contra as que tivo que competir nas modalidades de Bikini e na de Vestido de Noite. Pola súa banda, Eloy González, na categoría Body Fashion Mastulino, conseguiu entrar na última rolda como FINALISTA e obter UNHA MERITORIA SEXTA PRAZA, despois de competer na modalidade de bañador, e como novidade, habendo tido que saír tamén ao escenario con traxe.
Tras o inicio das competicións das modalidades de Físicoculturismoe Fitness enas que participaron os competidores do Ximnasio Vital Sport Cambados, e como integrantes do equipo Body Sport Team, dirixido por Julio García Pampín, no mes de maio, e ata a data, tanto por parte dos responsables do Ximnasio, como por parte do preparador e tamén por parte dos competidores, unha enorme satisfacción por todos os títulos conseguidos ata a data, así como a estupenda experiencia de ter podido asistir a os eventos indicados cuns resultados moi bos.
Agora tanto Eloy González, coma Micaela Santillán e outros competidores do Vital Sport e do Body Sport Team, nuns días comezarán a preparación para saír a competir en máis campionatos, e, como obxectivo principal o campionato de España A.E.F.F. 2015, que se celebrará na localidade de Málaga os días 14 e 15 de novembro, e intentar clasificarse para poder acudir ao Campionato MS. & Mr. Universo NAC 2015, que se celebrará en Hamburgo (Alemaña), os días 27, 28 e 29 de novembro próximo, sendo este o primeiro ano no que, tras uns pequenos cambios nas normativas sobre as categorías de competición que recentemente producíronse en A.E.F.F. - N.A.C., disputarase tamén a categoría Men's Physique a nivel mundial.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.