O Juventud Cambados convocou unha asemblea extraordinaria para o próximo domingo ás 12:00 do mediodía. No pavillón do Pombal, tratarase como principal punto a "situación real do clube", segundo o seu presidente, Matías Fontán.
A directiva prega a asistencia de todos os socios, dado que o tema principal do que se vai debater é a denuncia realizada polos xogadores da tempada 2012-2013 por non pagamento dos seus salarios, e que actualmente atópase nos xulgados.
Esta débeda, que ascende a unha importante contía, podería poñer en serios apuros a estabilidade económica do club, polo que dende a directiva se pretende desbloquear esta situación o antes posible.
O que se tratará de conseguir é unha negociación cos xogadores para intentar chegar a un acordo no que se estableza un plan de pagamento amigable e que conclúa coa retirada da denuncia.
CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS
A nova directiva comezou hai uns dias a campaña de renovación e captación de socios. Co lema "No meu peor momento é cando máis te necesito" co que pretenden aumentar o número de socios que desde hai uns anos diminuía tempada tras tempada.
Por outro lado, a próxima tempada regresan ao club Pénjamo, que volve do Grove, Noli, dende o Pontearnelas, e Fran do Dena Así mesmo, novas caras uniranse ao equipo este ano. Fito e Andrés, ambos os dous procedentes do Vilagarcía, Beni, do Zacande, e Iago Barciela, do Dena. A eles únense os renovados Unai e Alexis e os ata a tempada pasada xuvenísm Pedro San Miguel e Javier Gómez. Aos que hai que engadir David Rial procedente do Arosa xuvenil. Nos próximos dias irenos coñecendo máis fichaxes.
O adestrador será Luís Carro axudado por Tino Buján.
ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA
1. Organigrama da nova directiva.
2. Peche de exercicio 2014/2015. Estado de contas.
3. Campaña de abonados 2015/2016.
4. Equipo senior 2015/2016.
5. Rogos e preguntas.
2. Peche de exercicio 2014/2015. Estado de contas.
3. Campaña de abonados 2015/2016.
4. Equipo senior 2015/2016.
5. Rogos e preguntas.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.