Alejandro Fernández con un tempo de 31:28m, inscribeu por segunda vez o seu nome coma gañador absoluto da Carreira Popular Concello de Cambados.Con puntualidade británica e cunha temperatura agradable que foi subindo co paso dos minutos dou saída as 10:30 a carreira co pistoletazo que fixo o Concelleiro de Deportes Víctor Caamaño.
Xa desde o principio o atleta ourensán destacouse. Tras el situaronse Nuno Costa, Roberto Castellanos e Iván Docampo como perseguidores e que por este orden chegaron a meta final. O primeiro cambadés, David Martínez, no posto 25 con un tempo de 36:23En mulleres a gañadora foi Leticia Fernández Barbosa, 21 na xeral, con un tempo de 35:40 seguida de Paula Mayobre González e Joselyn Brea Abreu. A primeira cambadesa foi Alba Abal Durán con un tempo de 49:37 372 da xeral
RESULTADOS

CARREIRA POPULAR 2015.
Imaxes cedidas por Luis Gómez

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.