O estudo do patrimonio arquitectónico e cultural de Cambados será a primeira das actividades académicas que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolverá este ano na provincia de Pontevedra en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Trátase do curso Arte e Arquitectura en Cambados, que abrirá o programa de actividades o vindeiro 8 de xullo no Museo Etnográfico do Viño da man da directora da Rede de Museos do Concello.
Tanto a UIMP coma a institución provincial manteñen a súa aposta pola descentralización da oferta formativa, achegándollela ós cidadáns co obxectivo de afondar na difusión e coñecemento da nosa cultura e impulsar a formación da cidadanía e a dinamización social, adaptando ó máximo os temas que se tratan en cada zona ó contorno e ós intereses da localidade.- Lugar: Museo do Viño, Cambados
- Data: 8 e 9 de xullo
- Dirección: Rocío Acha Barral, directora da Rede de Museos do Concello de Cambados
- Máis información

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.