Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de junio de 2015

A REMODELACIÓN DA PISCINA AVANZA MOI LENTAMENTE







Despois de anos prometendo a obra por fin comeza a tomar corpo. A Deputación aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, o expediente de contratación da obra de substitución da cuberta da piscina do complexo polideportivo do Pombal, en Cambados, por 600.000 euros e un prazo de execución de 6 meses.
Esta mellora na piscina do Pombal únese a outras actuacións , segundo informan desde a mesma Deputación,  que  se están a desenvolver ou que xa finalizou nesta zona de Cambados.
A máis recente delas foi a mellora, o acondicionamento e a humanización da rúa Atlántico, que une a avenida da Coruña co complexo do Pombal, na que se actuou nunha superficie de 5.000 m2, se crearon 112 prazas de aparcamento e se investiron preto de 100.000 euros. 
E que é causa dun litixio entre os Socialistas de Cambados, ao entender que esta debería ter sido feita pola empresa constructora dos edificios desa rúa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.