SOMOS CAMBADOS presentou no día de onte unha denuncia ante a Guardia Civil polo destrozo das súas bandeirolas de publicidade electoral. Os feitos denunciados ocorreron na madrugada do pasado día 13 ao 14, cando uns descoñecidos arrincaron 12 bandeirolas de publicidade electoral de SOMOS CAMBADOS, valoradas en 300 €, no tramo da Avenida de Galicia, desde a rotonda do Concello ata o cruce do paseo marítimo.
Con data de 29 de abril de 2015 a Xunta Electoral de Zona concedéralle a SOMOS CAMBADOS a autorización para colocar publicidade electoral en dito tramo.
Para SOMOS CAMBADOS este incidente supón un importante trastorno económico, xa que os seus ingresos proceden exclusivamente das aportacións dos simpatizantes. É a única candidatura que fai públicas as súas contas e calquera persoa pode comprobar ata o último céntimo dos ingresos e gastos. Co obxecto de garantir a sua independencia, non permiten doazóns de ningunha empresa, nin reciben ningún tipo de axuda económica ou material de Santiago ou de Madrid.
SOMOS CAMBADOS defende firmemente o dereito democrático de cada candidatura a expoñer libre e públicamente os seus proxectos e ideas, ao tempo que confía en que estes actos incívicos non se repitan.
Asimesmo, SOMOS CAMBADOS é partidaria de reducir o máximo posible a cartelería e a propaganda nas rúas e prazas da nosa vila, considerando que unha campaña electoral debería basarse en confrontar ideas e proxectos publicamente. Por iso, a esta candidatura vén reclamando insistemente desde hai varias semanas a celebración de debates entre os candidatos das cinco formacións políticas que se presentan ás eleccións do 24 de maio, sen que ata o de agora ningunha delas aceptara esta proposta. SOMOS CAMBADOS lamenta que se lle furte aos cambadeses a posibilidade de coñecer de primeira man os distintos proxectos políticos. Nós seguimos agardando a resposta das outras candidaturas.
Estes incidentes non mermarán a ilusión e o entusiasmo por conseguir que, despois de 28 anos de maioría absoluta do PP, chegue o cambio a Cambados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.