TELÉFONOS DE INTERESE

21 de mayo de 2015

O TENENTE ALCALDE TAMÉN NO OLLO DO FURACÁN






O PRIMER TENENTE ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBADOS É IDENTIFICADO POLO ALCALDE COMO RESPONSABLE DO INCUMPRIMENTO DO REQUERIMENTO EFECTUADO POLA TITULAR DO XUZGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA

O pasado 25 de marzo, por parte da Portavoz do Grupo Municipal do Psdg-Psoe, presentouse demanda para a Protección dos Dereitos Fundamentais ante o Xuzgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, ante a falta de transparencia do PP ó non facilitar o acceso o rexistro de entradas e saídas dos traballadores do Concello de Cambados, por medio da pegada dactilar.
Dieta demanda foi admitida a trámite en data 27 de marzo e se requeríu o Alcalde de Cambados, ó fin de que no improrrogable prazo de 5 días, remitise a documentación solicitada ó Xuzgado. O requerimiento desatendido por Aragunde, fixo que a Maxistrada do Xuzgado do Contencioso Administrativo Número Tres de Pontevedra, requirise novamente o envío da documentación ó mesmo tempo que solicitou se identificase o funcionario ou autoridade responsable do incumprimento.
O pasado día 20 de maio Aragunde nun informe remitido o Xuzgado identifica o primer tenente de alcalde do Concello de Cambados, Antonio Iglesias Pombo, como o responsable do incumprimento do requerimiento efectuado, razón pola cal, nos vindeiros días recibirá a multa para ser ingresada no Tesouro Público. En dito informe, nun "claro exemplo de transparencia", o Alcalde falta unha vez máis a verdade, pois di "que non é posible contactar coa empresa encargada de facilitar ós referidos ficheiros, razón pola cal foi imposible envialos", sen embargo non se di nin de que empresa se trata.
Segundo fontes xudiciais a multa imposta, non será a única que terá que pagar o Primer Tenente de Alcalde, posto que desobedecendo o requerimento xudicial, segue sen enviarse a documentación solicitada.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.