TELÉFONOS DE INTERESE
▼
19 de mayo de 2015
O CAMBADÉS ELOY GONZÁLEZ COSTA SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA
Este pasado fin de semana celebrouse na localidade de La Vald'Uixó (Castelló) o Campionato Nacional Olimpia 2015, de Físicoculturismo e Fitness de A.E.F.F. (Asociación Española de Físicoculturismo e Fitness), o cal se dividiu en dúas xornadas; o sábado primeira competición de sobre o escenario, e o domingo, as finais de todas as categorías.
Ata este campionato, o Ximnasio Vital Sport de Cambados, o cal se encadra como parte do equipo de competición do Body Sport Team de Pontevedra, dirixido por Julio García Pampín, desprazou a catro deportistas, conseguindo uns excelentes resultados ao proclamarse Subcampión Nacional Olimpia na categoría Men's Fashion, o competidor Cambadés Eloy González Costa, por unha moi escasa marxe con respecto ao primeiro clasificado, e máis tendo en conta que este competidor viña de, nas dúas semanas anteriores, proclamarse Campión Galego da Asociación AEFF no campionato celebrado na localidade de Cambados o pasado día 3, e repetir título no campionato da asociación I.F.B.A., celebrado o pasado día 10 na localidade Coruñesa de Narón. Na mesma categoría participaron tamén os competidores Víctor Martínez Batalla e Damián Diéguez Prado, os cales conseguiron uns máis que meritorios sétimo e oitavo posto respectivamente dado o gran nivel que se puido ver neste campionato Nacional.
Na categoría Bikini competiu a deportista Micaela Santillán Nanín, que conseguiu a novena posición, competindo contra deportistas cun nivel alto e un currículo, nalgún caso, con dous campionatos mundiais no seu haber. Outro enorme éxito foi o conseguido polo competidor Francisco Iglesias Montáns, compoñente do equipo Body Sport Team, e pertencente ao ximnasio Gym Sport de Pontevedra, o cal tamén se alzou co título de Subcampión Nacional Olimpia na categoría de Culturismo Men Body 4, o cal obtivo o seu título xusto por detrás do deportista Anxo Caldeirón, o cal había Campión do Mundo NAC no 2014. Gran satisfacción polos resultados obtidos por parte do equipo e máis ao ter podido observar o alto nivel que houbo no campionato.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.