TELÉFONOS DE INTERESE

19 de mayo de 2015

CAMBADOS. TERRITORIO COMANCHE I





Onte día 18 de Maio tiven a ocasión de escoitar no Mitin Central da Agrupación Socialista de Cambados  verdades coma puños e se hai unha definición aproximada ao que alí se expresou é que para a xente de aquí e de acolá  Cambados é un Territorio Comanche  onde o PP reina na impunidade absoluta. Milagros Martínez, concelleira da oposición polo PsdeG-PSOE fixo unha escolma do que foron estes catro anos de loita sen tregua contra o caciquismo máis despiadado encabezado por Luis Aragunde e o seu amo, José Manuel Cores Tourís. Un reflexo claro e directo do que supón ter que lidiar contra unha serie de elementos que fixeron da política o seu medio de vida porque a maior parte está non para servir senon para vivir a todo trapo sin ter en conta que Cambados está nun estado de asfixia económica e moral da que eles son alleos por completo. Milagros puxo énfase do que supón ter que lidiar cuns concelleiros do grupo de goberno que lonxe de facelo cometido que a lei lles impele, se adican  a escribir por whattsapp, xogar co móvil facendo fotos ao público, e rirse a esgallo da oposición, levantando a man cando sinten a chamada do seu dono.
Continuou o encontro María José Montero, avogada de profesión, unha muller coma Mila nova, valente e comprometida cos valores e ideas que leva Fátima con ela. Unha alocución directa poñendo os puntos sobres as íes, as íes do daño que están a facer o PP de Cambados a toda a nosa vila con  estas políticas de clientelismo e amiguismo porque non son propias dunha sociedade avanzada, son vestixios doutro tempo, algo anquilosado no pasado, de tal maneira que coma o artigo reza fan de Cambados un “territorio comanche” coma tildou de tal Patricia Vilán, Deputada polo Parlamento de Galicia polo Ps de G – PSOE. Patricia tomou o relevo de María José e dando as grazas a Fátima por convidala a este acto fixo un repaso minucioso do que as mulleres Socialistas levan aportado perante 136 anos de Historia. Foi un dos intres en que algún dos vándalos que ten debaixo do brazo Luis Aragunde, presuntamente, dixo que “as mulleres o que teñen que procurar é ter un palo no medio  que estea  ben duro”. Lamentable que exista xentiña así polo mundo. O rol da muller sigue sendo desprestixado de foma inmisericorde por homes que non as valoran,  as pisotean, principiando polo Alcalde de Valladolid e rematando en calquera punto da xeografía Española que estea gobernado polas siglas do Partido Popular, é algo do que non se arrepinten. Tiven a oportunidade de escoitaren unha homilía e todo  onde dicía “que as mulleres deben someterse ao home”, ou o que é o mesmo: abrirse de pernas cando toque, collela fregona da casa, e darlle os cartiños que gaña ao seu home.  Están para servir,  procrear, e coidala casa,  foron as culpables do que  aconteceu no Xardín do Edén.
Fixo  uso da palabra a continuación  Pilar Cancela, Secretaria de Organización do Ps de G PSOE e fixo un repaso a estos derarradeiros catro anos de “dictablanda” Popular. No terreo orgánico unha desfeita e deriva absoluta dos principais valores da Socialdemocracia, a que pregona Pablo  Iglesias coma un ben a preservar. A Sanidade Universal e de calidade, “educación, educación e máis educación “ (en palabras de José Mújica, ex - Presidente de Uruguai), traballo onde os homes e mulleres señan respetados nas súas condicións laborais cobrando o mesmo por un traballo igual e que volte con gobernos progresistas  unha lei de igualdade e de axuda ás personas dependentes que o PP se levou por diante. Chegaron dúas veces e destrozaron o Estado do Benestar, e coma sempre ten que ser o PSOE o que teña que voltar a recuperalo. A dereita aniquila e a esquerda tenta salvalo mundo, coma dicía Debra Winger en Tierras de Penumbra (Richard Attenborough).

Recoñeceu unha das cousas que eu sempre critico, o deses que din que a xente é parva porque non os vota. Non é tal: a xente é manipulable, e sobre todo é intelixente, todos sen excepción independentemente dos estudos que teñas ou se escrebes con faltas ou sen faltas de ortografía porque para a esquerda non hai nadie máis que nadie, e esto para o PP supón un problema, porque significa recoñecer que xa non poden empregar a libertade das personas para os intereses que lle son propios, encabezado pola vileza dos seus actos. A título particular probei deso nos derradeiros días pero non me “acojona” en absoluto, sei que hai xente que recibe ordes desde arriba ( “se Núñez sigue largando e nos botan daquí, vós caedes con nós”) e a maior parte non teñen un traballo fixo, entraron a dedo, e dependen do cacique de turno para sobrevivir, non coñeceron outra cousa; agora sí, namentras pasean pola rúa vivindo dun soldo do que non son merecedores outros están na casa cando están millor preparados, por iso cada dous por tres os que están no Concello metendo  a gamba e pagámolo  tódolos veciños. É un álbum de cromos que teñen e pegan e despegan:  a verdade é que me parece unha práctica do máis deplorable.

Por Óscar Núñez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.