TELÉFONOS DE INTERESE

20 de mayo de 2015

O BNG MUDARÁ A RPT ACTUAL DE GOBERNAR EN CAMBADOS






O BNG leva anos denunciando que a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Cambados non se fixo en función das propias necesidades do concello senón en función dos intereses do PP. Ademais, na recente  modificación da RPT, que era a ocasión axeitada para axustala á realidade de Cambados e solucionar as carencias que tiña, o que fixo o PP foi beneficiar especialmente a algúns traballadores afíns en detrimento doutros, consolidando unha RPT inxusta pola súa natureza partidista. Esa foi a razón pola que o  BNG tamén se opuxo, nesa ocasión, e considera a gran oportunidade perdida para axustar a plantilla de traballadores/as ás necesidade reais do concello, e non ao revés. E a raíz de todo este conflito está no que o BNG leva denunciando desde hai moito tempo, que o PP leva utilizando o concello como o seu negocio particular e aplicando como premisa de contratación o enchufismo e o trato de favor.
Semella que os tempos están cambiando para o PP, cando un grupo de traballadores/as se atreven a denunciar xudicialmente que moitos dos incrementos retributivos desta RPT realmente son premios que o PP fai a algúns empregados municipais. Resulta reconfortante que a xente perda o medo e comece a utilizar a democracia, na que en teoría vivimos, para reclamar os seus dereitos e rematar coa utilización partidista das administracións, neste caso do concello.

Co BNG gobernando o concello de Cambados estas malas prácticas rematarán de inmediato. Co BNG no concello de Cambados todo o mundo terá os mesmos dereitos e será tratado con igualdade e respecto. O BNG creará un goberno onde a participación social e a transparencia impidan que se volvan a producir casos de utilización dun concello por intereses particulares ou partidistas. Cambados terá un concello de todos/as ao servizo de todos/as e non duns poucos, como ata o de agora.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.