TELÉFONOS DE INTERESE

20 de mayo de 2015

"NO BICO UN CANTAR" DE NOVO EN CAMBADOS







O Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Cambados, organizan a terceira edición do certame musical No bico un cantar, co obxectivo de trasladar a paixón pola música culta e a poesía
galega a escolares de toda Galicia. Nesta edición as nenas e nenos cantarán catro poemas de Ramón Cabanillas (“Pregaria”, “Fala unha laverca”, “Era un piniño novo”, “Aureana do Sil”) e un de Rosalía (“Maio longo”). O acto terá lugar o vindeiro 5 de xuño, ás 18:00 h, na praza de Fefiñáns de Cambados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.