Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de mayo de 2015

ESTE VENRES CELEBRARASE A "CARREIRA DOS INSTITUTOS"





CARREIRA DOS INSTITUTOS 2015

O vindeiro venres, 15 de maio celebrarase en Cambados a tradicional “Carreira dos institutos” na que participarán máis de 400 mozos facendo un percorrido ó longo de 3 kilómetros polas rúas principais da vila.
A saída será ás 10:30 da alameda de San Tomé, mentras que a chegada encóntrase este ano no IES Francisco Asorey. Neste mesmo centro realizarase a cerimonia de entrega dos trofeos e medallas donados por diferentes empresas e institucións da bisbarra.

Os dous institutos organizadores,  o IES Francisco Asorey e o Ramón Cabanillas, queren agraceder a axuda de todas as empresas e institucións colaboradoras, con mención especial ao Concello de Cambados.

Asímesmo, os institutos queren convocar ós  cambadeses a que acudan a ver a carreira e animen ós rapaces participantes no seu esforzo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.