Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2015

CÁMARAS DE VIXIANCIA GRAVANDO AOS VECIÑOS SEN AVISO NIN AUTORIZACIÓN








As cámaras e videocámaras instaladas en espazos privados non poderán obter imaxes de espazos públicos.
Ex. Unha videocámara utilizada con fins de seguridade privada situada nun edificio non debería tomar imaxes de toda a rúa na que este se encontre.
Poderían tomar imaxes parciais e limitadas de vías públicas cando resulte imprescindible para a finalidade de vixilancia que se pretende, ou resulte imposible evitalo por razón da situación daquelas.
Ex. Se unha cámara debe situarse necesariamente na porta de entrada dunha entidade bancaria, ou na esquina dun edificio debería orientarse de modo que a parte de vía pública que recolla se limite ao acceso vixiado sen recoller máis porción da vía pública que a imprescindible. Non poderán captarse imaxes do resto da beirarrúa ou da rúa.
En calquera caso o uso de sistemas de videovixilancia deberá ser respectuoso cos dereitos das persoas e o resto do Ordenamento xurídico.
Ex. Non sería admisible a captación de imaxes en espazos protexidos polo dereito á intimidade como os interiores de vivendas próximas, en baños ou vestiarios ou en espazos físicos alleos ao especificamente protexido pola instalación.



Non se pode gravar a vía pública sen permiso, e sen poñer carteis de "Zona de Videovixilancia"  .....ou algo que se lle pareza.
Calquera prexudicado pode presentar denuncia, por non respectar a súa intimidade sen permiso na vía pública, e aínda que teña carteis, ten que tener, comunicación ou autorización dun organismo que pon na Lei.

A que ven esto?, preguntaredes. Esto é un resumo das leis de protección de datos.


Publicamos esto porque un veciño de Cambados, non imos dar o nome da rúa, atopou unha cámara de videovixilancia nunha farola do
alumeado público e que pola dirección na que está a enfocar toma imaxes, si é que grava, cousa que non sabe, da rúa na que este veciño vive. Como queira que desde o concello, ninguén avisou da sua instalación nin hai carteis na zona que indiquen que nos atopamos en zona vixiada,  da por suposto que a cámara é doutro veciño. Este amigo amósanos fotografías nas que se ve claramente a cámara e a fachada dese outro veciño na que non aparece ningún cartel de "Zona protexida con cámaras". 
Terá algún permiso dalgunha autoridade para colocar a cámara?.
Dou o concello para que se use unha farola do alumeado público como soporte da cámara? 
O por contra, a amizade deste veciño con membros da corporación local baste para facer ou desfacer ao seu antoxo?



As imaxes da cámara non son moi nítidas para non desvelar a ubicación da mesma.
Sa fotos nítidas e que revelan todo están en posesión do seu propietario.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.