TELÉFONOS DE INTERESE

11 de mayo de 2015

ARAGUNDE PRETENDE GASTAR EN PRAIAS O QUE DEBERÍA GASTAR EN CREAR EMPREGO









Ante a grave situación económica que están padecendo a maioría dos nosos veciños, SOMOS CAMBADOS considera unha falta de respecto que se intente enganar á xente con proxectos que non responden ás necesidades reais dos cambadeses, nin serven para loitar contra o noso principal problema: a elevada taxa de desemprego.
A Candidatura veciñal Somos Cambados quere recórdalle a Aragunde que “desde que é alcalde máis de 500 xóvenes cambadeses tiveron que emigrar para atopar un traballo; a taxa de paro en Cambados incrementouse un 42 %, sendo superior á media provincial, galega e española; e o 60 % das familias cambadesas teñen serias dificultades para chegar a fin de mes”.
Tino Cordal, candidato á alcaldía,  manifestou que “por se os cambadeses non tiñan suficiente coa promesa dunha praia que leva facendo o PP desde 1987, agora prométennos dúas praias fluviaisFronte a estas ocorrencias que demostran que o PP é un proxecto esgotado e sen ideas para solucionar os nosos problemas, SOMOS CAMBADOS priorizará na súa acción de goberno a loita contra o desemprego e a axuda ás persoas que máis están padecendo a crise económica. Para elo contamos cun programa de goberno ambicioso e realista baseado en poñer as enormes potencialidades da economía cambadesa ao servizo da xeración de riqueza e a creación de emprego”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.