
A información correcta é que vai ir declarar aos Xulgados de Cambados, pois de ser xulgado será en Pontevedra.

O concelleiro en Pazos de Borbén e deputado provincial polo Partido Popular Severino Reguera alugoulle a Louzan uns baixos en 2008. Segundo o fiscal de Delitos Económicos de Pontevedra Augusto Santaló, na citada operación advertiuse un sobreprezo con respeito aos baixos do entorno. O presidente da Deputación recibe 15 euros o metro cadrado, cando un informe da Garda Civil situa os prezos medios na zona naquela data en 7 euros o metro cadrado. Se facemos caso ao citado informe, Louzán tería recibido nestes oito anos máis de 50.000 euros a maiores do aluguer, sen xustificar. En 2013 a Xunta de Galicia puxo en aluguer uns baixos na zona, ao prezo de 5 euros o metro cadrado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.