TELÉFONOS DE INTERESE

10 de noviembre de 2014

O CONCELLO RECOLLE O PREMIO CONCEDIDO A SANTA MARIÑA







O primeiro tenente de alcalde de Cambados, Antonio Iglesias Pombo, recolleu o terceiro premio do concurso Cementerios de España no apartado de mellor monumento arquitectónico, outorgado a Santa Mariña Dozo.
O acto de entrega celebrouse no recinto de Expo-Ourense, na cidade das Burgas, durante a celebración da feira Funergal á que acudiron empresas de pompas fúnebres de toda Galicia.
Esta primeira edición do concurso de cemiterios foi organizado pola revista Adiós e no apartado de mellor monumento gañou o primeiro premio San Antonio Abad, de Alcoy (Alacante), seguido de San Rafael de Monturque (Córdoba).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.