TELÉFONOS DE INTERESE

11 de noviembre de 2014

INCENDIO NO HOTEL SAN MARCOS





O suceso produciuse minutos antes das 23:00 horas do luns. Concretamente ás 22:54 horas da noite responsables do propio hotel alertaban os servizos de emerxencia municipais mediante unha chamada telefónica.
Ata alí desprazáronse xunto a unha dotación dos Bombeiros do Salnés para sufocar as chamas.
Ao chegar ao hotel os empregados desaloxaran o edificio polo que procederon a apagar o incendio, que calcinou o material almacenado como uns colchóns que foron sacados ao exterior visiblemente danados.
A rápida intervención dos efectivos de Protección Civil e Bombeiros impediu que o lume se estendese polo hotel evitando que os danos fosen de consideración.
As primeiras valoracións no lugar apuntan a que a causa do incendio podería ter sido un curtocircuíto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.