Berni Hernández, que volvía estar convocado, saía no quinteto inicial, xunto a Tom Ward, Roberto Guerra, Jaroslav Tyrna e Aaron Geramipoor. Por parte do conxunto galego, eran titulares: Placide Nakidjim, Juan Orellano, Charles Nkaloulou, Taylor García e Aksel Bolin.
A clave: A calidade dos galegos decidiu nos últimos sete minutos, cando o choque estaba a queimar. 10/23 fixo en triplos Cambados. Sensacional. Os 11 xogadores de Yago Casal anotaron como mínimo dous puntos nunha actuación coral dos visitantes.
Como dato anecdótico, sinalar a presenza na bancada do adestrador do Herbalife Gran Canaria da Liga ACB, Aito García Reneses, que, ademais de non se perder detalle da cuarta xornada da Liga Adecco Plata no CID, tamén aproveitou para falar con Pepe Carrión e Yago Casal ao concluír a cita.
ESTATÍSTICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.