TELÉFONOS DE INTERESE

9 de octubre de 2014

RAFAEL LOUZÁN, O ACAPARADOR





Como a Rafael Louzán parécenlle poucos os cargos que ostenta, agora vai a por outro, presidente da Federación Galega de Fútbol. De saír elixido sumaría este cargo aos que xa ten, concelleiro en Ribadumia, Presidente da Deputación de Pontevedra, presidente provincial do PP, amén de outras ocupacións.
Pode ser esta a maneira de abandonar a presidencia da Deputación tras as eleccións de maio?
Dende este xoves a actual xunta directiva da Federación Galega de Fútbol pasa a desenvolver os seus labores en funcións ata que remate o proceso electoral o próximo 18 do mes de Nadal. Antes hai unha data clave coa elección dos 150 asembleístas que posteriormente van escoller o futuro presidente. Esa elección será o día 24 deste mes.

De momento tres son as candidaturas que xa anunciaron públicamente a súa intención de concorrer a estes comicios. O coruñés Juan Vázquez; o actual presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e mais o actual mandatario e alcalde de Cerceda, Xosé García Liñares.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.