TELÉFONOS DE INTERESE
▼
9 de octubre de 2014
CABANILLAS EN RUSO
O auditorio da Xuventude de Cambados acolle este venres, a partir das 20.30 horas, un acto literario e musical en homenaxe ao poeta cambadés Ramón Cabanillas. Elena Zernova, catedrática da Universidade de San Petersburgo e directora do centro de estudos galegos nesta universidade de Rusia, impartirá a conferencia «A poesía de Ramón Cabanillas en lingua rusa». O catedrático cambadés e membro da Real Academia Galega, Francisco Fernández Rei, presentará o acto. A continuación haberá un recital poético de composicións da primeira edición de «Vento Mareiro« a cargo de Luís Rei, Xosé María Vila Ribadomar, Manuel Núñez e a propia Elena Zernova, a quen corresponderá o recitado en ruso. A parte musical correrá a cargo de Nacho González e Isabel Castro e Modesta Padín.
O acto está organizado polas librarías Ramón Cabanillas e Contos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.