Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de octubre de 2014

ELECCIÓN DE PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS





A xunta xeral da Federación Galega de Confrarías de Pescadores reunirase mañá sábado para elixir os seus presidente e vicepresidentes, de acordo coa normativa sobre elección dos órganos de goberno desta entidade.
Os candidatos a presidente presentarán no mesmo acto as súas candidaturas ante a xunta xeral e disporán dun tempo para a súa defensa. Presentadas estas, iniciarase o proceso de votación que será único, persoal, directo e segredo.
Nunha segunda votación, a xunta xeral da Federación elixirá
de entre os membros do seu comité executivo os vicepresidentes primeiro e segundo, seguindo os criterios de paridade e representación territorial establecidos nos seus estatutos.
A continuación, e de acordo co calendario electoral, o vindeiro luns 13 de outubro darase inicio ao prazo de presentación de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación ante a Xunta Electoral, que finalizará o día 15.

O 21 de outubro finalizará o prazo para a resolución de recursos sobre a elección dos órganos de goberno e ao día seguinte farase a súa proclamación definitiva. Por último, para o 23 de outubro está prevista a toma de posesión dos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Nas fotos os presidentes provinciais de Coruña, Lugo e Pontevedra. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.