O venres 24 o Concello de Cambados sumarase con motivo do Día dás Bibliotecas á homenaxe póstumo que se lle farán ese día a Ana María Matute, unha das autoras de referencia da literatura castelá das últimas décadas, e que faleceu en xuño pasado. Así, leerase o pregón que foi escrito por Antonio Rodríguez Almodóvar.
O outro gran acto da xornada será unha representación de teatro de títeres a cargo da compañía de Kukas, a máis importante de Galicia no seu xénero. Será a partir das 18,30h horas, no auditorio da Xuventude. O grupo poñerá en escena a peza "Xan Perillán e a maleta máxica", que se trata dun espectáculo pensado para nenos a partir de tres anos no que se combinan números de clown con pantomima, maxia e títeres. A peza narra a historia de Xan Perillán, un home con sorte que gaña nunha rifa unha viaxe a Pernambuco, e que irá metendo na súa maleta as súas pertenencias. Pero como a maleta é máxica cada obxecto que se introduce nela convértese nun truco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.