Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de septiembre de 2014

O PANTALÁN DE "O FACHO" EN ESTADO RUINOSO







A agrupación socialista de Cambados denuncia o mal estado no que se atopa o pantalán do Facho, na parroquia de Castrelo, e que supón un auténtico perigo para os seus usuarios.




Os socialistas critican que o goberno municipal deixe sempre de lado ós veciños das parroquias periféricas, como se houbese cambadeses de primeira e de segunda. Parece que só se preocupan das cousas cando se ven dende fora, mentres que non lles importa o máis mínimo cumplir coa principal función dun concello, que é a de prestar servizos aos seus veciños.
Así, manifestan o reiterado estado de abandono das instalacións que diariamente utilizan os veciños e veciñas. Pero, no caso do pantalán do Facho, este abandono vai máis alá, xa que como sinala a portavoz socialista, Fátima Abal, “aquí estamos ante un caso moi grave de incumprimento das medidas de seguridade. Hai táboas rotas que deixan enormes buratos, outras están soltas co conseguinte perigo de esvaramento. ¿A que espera o goberno local para tomar medidas e arranxar isto?”

Non é un caso illado, xa que ó longo do litoral é manifesto o estado de abandono da maioría de instalacións, dando a entender o escaso interese do grupo de goberno polos mariñeiros e a súa seguridade. Pero neste caso é especialmente grave, polo perigo que representa. “esiximos que o concello tome medidas canto antes, e que non teña que ocorrer un accidente, como pasa tantas veces, para que comecen a cumprir coas súas obrigas. É un deber do concello garantizar a seguridade de tódolos seus veciños e veciñas, independentemente de que estes vivan no centro ou nas parroquias”

“Non se pode fuxir da responsabilidade -continúa Fátima Abal- e abandoar desta forma unha instalación que debe ser reparada e acondicionada coa máxima urxencia. É unha clara deixación de funcións dun concello ó que só lle preocupa aparentar de cara á galería, pero ao que non lle importa o máis mínimo cumprir co seu deber de garantizar a seguridade. O goberno deste Concello últimamente parece estar máis preocupado en buscar descalificacións persoais contra a portavoz municipal socialista que en buscar solución ós problemas que existen no noso Concello e en atender ós requerimentos que lle fan os veciños.  Ésta é a forma de facer política da que tanto  presume Luis Aragunde.”


Os socialistas lamentan que “por desgraza, ésta é sempre a forma de actuar que ten o Partido Popular,  se preocupa do aparente, do que da titulares e fotos, pero non do importante, que é precisamente o que reclaman e o que queren os veciños”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.