TELÉFONOS DE INTERESE

20 de septiembre de 2014

O CONCELLO PERITA VOLVE PEDIR CARTOS





A Deputación de Pontevedra destinará 622.550,59 euros a 17 concellos da provincia para o financiamento de gasto corrente, o pagamento a acredores e a amortización de débeda. Estes municipios acolléronse á posibilidade ofertada pola Administración Provincial de destinar un máximo do 30% da cantidade concedida a cada concello no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais a esta finalidade.
O concello "perita" de Cambados destinará os seus 41.149,26 euros a pagar gastos correntes. 
O tan famoso término empregado hai 3 anos polo ínclito Luís Aragunde volve a quedar en entredito, pois non é a primeira vez que o noso concello se apunta a estas axudas da Deputación. A pesares de non ter todos os postos de funcionario cubertos e de que quen paga a cantidade de operarios contratados durante todo o ano é a institución provincial, Aragunde volve botar man da Deputación para a fronta os pagos. 
A contía total que os concellos destinarán a esta finalidade sitúase moi lonxe do 30% de máximo permitido nas bases deste plan, aprobadas pola Deputación. Isto permitirá, sinalan desde o organismo provincial, que a gran maioría do orzamento deste plan, dotado de 27 millóns de euros, poida adicarse a obras de construción ou mellora de servizos e infraestruturas.
De feito, só un 2,3% do orzamento total do plan de servizos e infraestruturas se vai destinar a gasto corrente,  amortización de débeda ou pagamento de acredores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.