TELÉFONOS DE INTERESE

20 de septiembre de 2014

ELIXIDOS OS PREDIDENTES DAS FEDS. PROV. DE CONFRARIAS





Os patróns das confrarías de Muros, Manuel Daniel Formoso, de Burela, José Basilio Otero, e Portonovo, José Antonio Gómez, presidirán as federacións provinciales da Coruña, Lugo e Pontevedra, respectivamente, tras ser elixidos este sábado polos patróns e vicepatrones das confrarías de mariñeiros galegas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural e do Mar, a xornada electoral desenvolveuse sen incidencias, sendo elixidos nestas xuntas xerais os presidentes, vicepresidentes primeiros e segundos e os membros do comité executivo de cada federación provincial, de conformidad coa regulación contida nos seus estatutos.
Ademais, tamén foron elixidos os tres vocales que representarán a cada federación provincial no comité executivo da Federación Galega de Confradías. Este proceso é unha continuación do inicio coa elección dos 63 patróns e vicepatrones maiores nas outras tantas confrarías de pescadoras.

En concreto, a Federación provincial da Coruña estará presidida polo patrón maior de Muros, Manuel Daniel Formoso Moledo. Terá como vicepresidenta primeira a María Josefa Crespo, de Miño; e como segundo a Emilio Méndez, de Lorbé.

Pola súa banda, o patrón maior de Burela, José Basilio Otero, presidirá a Federación provincial de Lugo, que terá como vicepresidente primeiro a Javier Sánchez Fernández, de San Cibrao; e como segundo a Domingo Rei, de Celeiro.
En canto á Federación provincial de Pontevedra, o presidente será o patrón maior de Portonovo, José Antonio Gómez. Así mesmo, será vicepresidente primeiro José Manuel Rosas, de Bueu; e segunda María do Carmen Vázquez, de Lourizán.




FEDERACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
CARGO
APELIDOS E NOME
CONFRARÍA
COLECTIVO (Emp/Trab)
Presidente/a
Gómez, José Antonio
Portonovo
Traballadores
Vicepresidente/a 1º
Rosas Otero José Manuel
Bueu
Empresarios
Vicepresidente/a 2º
Vázquez Nores Mª del Carmen
Lourizán
Traballadores




Comité executivo Fed. Prov.
Bastos Estévez, Clemente
Redondela
Empresarios
Comité executivo Fed. Prov
Rial Millán, Juan José
Illa Arousa
Empresarios
Comité executivo Fed. Prov
Tarrío Fernández, Manuel
Vilaxoan
Empresarios
Comité executivo Fed. Prov
Martínez Rial, Manuel
Cangas
Traballadores
Comité executivo Fed. Prov
Crespo Campos, Silvia María
A Guarda
Traballadores
Comité executivo Fed. Prov
González Álvarez, Susana
Baiona
Traballadores




Comité executivo Fed. Galega
Rosas Otero José Manuel
Bueu
Empresarios
Comité executivo Fed. Galega
Pérez Rodríguez, Francisco
A Guarda
Empresarios
Comité executivo Fed. Galega
Vázquez Nores Mª del Carmen
Lourizán
Traballadores






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.