Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2014

REGULAR DATO DO PARO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA






O paro rexistrado no mes de febreiro na provincia de Pontevedra diminuíu en 221 persoas respecto ao mes anterior e o número total de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego sitúase en 111.612.
A variación anual con respecto a febreiro do pasado ano na provincia de Pontevedra é de 4.042 desempregados menos.
É a primeira redución do paro rexistrado nun mes de febreiro dende o inicio da crise.
Febreiro péchase en Galicia con 1.006 parados menos.
O número de desempregados na comunidade galega sitúase en 280.071 persoas, cunha redución anual de 12.752 inscritos,  esto non quere decir que todas estas persoas estén traballando.   
A nivel nacional o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en febreiro en 1.949 persoas respecto ao mes anterior (-0,04%), o seu primeiro descenso neste mes dende 2007, ata situarse o total de parados en 4,81 millóns, informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
En concreto, o volume total de parados no conxunto do Estado alcanzou a peche do pasado mes a cifra de 4.812.486 desempregados, tras reducirse no último ano en 227.736 persoas (-4,5%).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.