TELÉFONOS DE INTERESE

12 de marzo de 2014

OS REPRESENTANTES DOS CERQUEIROS ABANDONAN A REUNIÓN NA CONSELLERÍA





Os cinco representantes da frota de cerco que rexeitan o repartimento actual de xarda e xurelo abandonaron a reunión convocada para as tres e media da tarde na Consellería do Mar, por estar presente a súa titular, Rosa Quintana. Pretendían que lles pedise desculpas públicas polas declaracións en que lles criticou a súa actitude.
Mentres, outros representantes dos mariñeiros do cerco seguen reunidos na Consellería intentando chegar a un entendemento. 
No encontro participan, ademais da Conselleira, o vicepresidente da Xunta e o secretario xeral do Mar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.