Un total seis mozos e mozas gañaron coas súas mensaxes de amor na rede o certame ‘Lingua de namorar’, convocado polas consellerías de Traballo e Benestar e Cultura e Educación e, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, respectivamente.
O xurado vén de concederlles os premios de entre as 50 mensaxes das que concorreron ao concurso máis votadas polos usuarios e usuarias, tal e como establecían as bases do certame.
Na categoría A, de 14 a 19 anos, resultou gañadora do primeiro premio Alba García Pose (Santiago de Compostela, A Coruña), coa mensaxe “O zume de laranxa”; a gañadora do segundo premio foi Aitana Iglesias Márquez (Narón, A Coruña), coa mensaxe “Ti = Vida” e a gañadora do terceiro premio foi Ángela Lago Seijo (O Porriño, Pontevedra), coa mensaxe “Cando me apertas”.
Na categoría B, de 20 a 35 anos, Lidia María Bao Martínez (A Coruña), gañou o primeiro premio coa mensaxe “O amor é producir dúas veces”; o segundo premio recaeu na mensaxe “Cicloxéneses” de Olaia Costas González (Vigo, Pontevedra), e o terceiro premio foi para a mensaxe “Todo contigo”, de Borja Pérez Castro (Pontevedra)
O xurado do concurso, que estivo presidido pola escritora Yolanda Castaño, realizou tamén unha mención especial para a mensaxe “O crebacabezas”, de Juan Pons Herrera (Vigo, Pontevedra).
Nas súas deliberacións, o xurado tivo en conta o grao de elaboración das mensaxes, a orixinalidade e a calidade da lingua. As mensaxes gañadoras pódense ler na páxina do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.