Onte Compostela, máis en concreto as inmediacións do Parlamento galego convertéronse nun campo de batalla grazas as desmesuradas actuacións da policía, obedecendo ordes do Subdelegado.
Claro está que entre os grupos de manifestantes había algún un pouco exaltado pero non así a maior parte deles.
Duas protestas converxeron nas inmediacións do Parlamento, por unha banda alcaldes en contra da suba do canon de Sogama e por outra os mariñeiros do cerco.
Os rexedores concentraronse diante do Parlamento para protestar por unha medida que consideran inxusta. Pero, nun momento da protesta, producironse momentos de tensión e aPolicía, segundo fontes da oposición, "arremeteu" contra os concentrados. Algúns deles, como os rexedores socialistas de Becerreá e A Fonsagrada mesmo foron identificados e zarandeados por efectivos policiais. Tamén a deputada do BNG, Tareixa Paz, foi empurrada de xeito violento.
O outro grupo "violento" que estivo onte amosando o seu malestar foi o dos mariñeiros do cerco.
Apoiando a estes etopábanse os deputados do BNG, Montse Prado, e Francisco Jorquera, que foron empurrados pola Policía ante a presenza de numerosos xornalistas. O portavoz parlamentario nacionalista interviu para evitar a detención de Prado que era retida pola Policía.
Nese momento tamén el é empurrado. "Cálmense, home, que así non se resolven os problemas", bérralle Jorquera aos policias. "Le estoy diciendo que no se meta ahí", dille un policía de malas ganas.
Outros manifestantes tiveron peor sorte. Algúns foron detidos de xeito violento a pesares de suplicar que lle rompían unha boneca. "Que me rompedes a muñeca, tío, que me rompedes a muñeca", berraba un mariñeiro inmovilizado no chan.
Agardemos que estes feitos sexan feitos illados e Compostela non se converta no Gamonal galego. Ogallá todo quede en protestas pacíficas que leven á solución dos problemas xerados moitas veces polos governantes.
Imaxes: Galicia Confidencial
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.