TELÉFONOS DE INTERESE

12 de marzo de 2014

CULLER DE PAU REABRE ESTE VENRES







O restaurante Culler de Pau, de O Grove abrirá de novo as súas portas o vindeiro venres 14 de marzo, xa que o xulgado suspendeu de xeito cautelar o peche do local situado no lugar de Reboredo, no Concello do Grove, e que conta cunha estrela Michelín.
A xuíza basea a súa decisión nos danos e prexuízos que podería supor para o restaurante o peche decretado polo Concello en cumprimento dunha sentenza.
O auto emitido pola titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra atende as razóns esgrimidas polo abogado do Culler de Pau e sinala que o peche do establecemento conleva "danos e prexuízos de imposible reparación". De tal xeito que acorda a suspensión cautelar da resolución da Alcaldía que decretaba o precinto do local por constar contra este un expediente de reposición da legalidade urbanística e por estar traballando sen licenza de actividade.
"Seguimos co proceso, pero o xulgado nos permite estar co restaurante aberto, como debe ser", concretou Olleros moi preocupado pola perda de clientela e de imaxe que a continuidade do peche podía supor para o seu establecemento además dos prexuizos económicos evidentes.Javier Olleros asegurou estar "encantado", e afirma que no Culler de Pau "estamos todos moi felices e con moitas gañas de cociñar". Ademáis confesa que a decisión do Xulgado "cóllenos nun momento no que estabamos xa ao límite, porque estabamos pensando en buscar outro sitio para poder cociñar".

Así o entende tamén a xuíza no seu auto que sinala que neste caso "ten que falarse de prexuízos de difícil ou imposible reparación, que ademais se causarían non só á entidade demandante, senón a terceiros vinculados a ela, como son, en primeiro lugar, os traballadores do establecemento, de forma que a eses prexuízos económicos engádese o custo social que peches deste tipo implican, e máis nun momento como o actual".


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.