TELÉFONOS DE INTERESE

6 de febrero de 2014

SAEN A CONCURSO OBRAS NA COMARCA NO BOP






O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicaba onte a convocatoria do procedemento aberto para a contratación de obras nos concellos, entre outros, de, Vilagarcía de Arousa e Cambados por un importe total de máis de 351.000 euros.
Trátase da mellora dos servizos urbanísticos da praza de Abraldes e das rúas Triana e Bimbio no contorno da praza de Fefiñáns en Cambados, da reforma do pavillón da rúa Castelao en Vilagarcía de Arousa e das obras de saneamento en varios núcleos rurais do concello de Valga.
As empresas interesadas en executar estas obras terán de prazo ata o vindeiro 3 de marzo para presentar as súas ofertas.
No caso da reforma do pavillón de deportes da rúa Castelao, os traballos terán por obxecto corrixir as numerosas deficiencias que presenta na actualidade e dotalo dunhas instalacións modernas e adecuadas para a práctica do deporte.
Urbanización do contorno de Fefiñáns
En Cambados as obras contan cun orzamento de 66.910,25 euros e terán como obxectivo completar a urbanización do contorno da praza de Fefiñáns, mellorando a praza de Abraldes, a rúa Bimbio e a rúa Triana que actualmente presentan un pavimento de formigón moi deteriorado e servizos urbanos desfasados.
As obras incluirán a canalización de forma separada das redes de saneamento de fecais e pluviais, a renovación da rede de abastecemento e a substitución do actual pavimento de formigón por  outro de lousa de pedra nas beirarrúas e de taco de granito na calzada.
Os traballos contan cun prazo de execución de catro meses.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.