TELÉFONOS DE INTERESE

6 de febrero de 2014

O B.N.G. PREGUNTA POR UN CONTRATO QUE PODE SER UNHA PRIVATIZACIÓN ENCUBERTA




O B.N.G. de Cambados ven de entrgar un escrito no concello de Cambados no que expoñen o seguinte:
que segundo a acta da Xunta de Goberno do día 23 de setembro do ano 2013, o concello ven de adxudicar (por un valor de 47.916 €) á empresa IMELFA E HIJOS S.L., o servizo de “CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS MUNICIPAIS DE CAMBADOS”, por  procedemento negociado e sen publicidade, o que realmente significa unha privatización encuberta dun servizo que, ata o de agora, era realizado por empregados municipais, polo que tras leer esto fan unha serie de preguntas para que sexan respondidas na mellor brevidade posible:

1.- Que outras empresas presentaron ofertas para cubrir a privatización deste servizo?
2.- Como vai a afectar a privatización deste servizo ao persoal municipal que ata o de agora viña realizando as labores de mantemento eléctrico das instalacións municipais?;  implicará a eliminación dalgún posto de traballo?; que labores se lle asignará ao persoal municipal que ata o de agora viña realizando o mantemento das instalacións eléctricas dos locais municipais?.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.