
Un traballador sufriu feridas nun dedo como consecuencia dun accidente laboral ocorrido preto das nove e media da mañá na empresa Fricam, situada no polígono industrial de Sete Pías, en Cambados. O obreiro foi trasladado ao Hospital do Salnés. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia, Protección Civil e a Garda Civil.
Aparte de asistir a esta incidencia durante toda a mañán Protección Civil efectuou varias saídas para atender pequenas incidencias acaecidas por causa do temporal que non nos deixa.

En concreto na Avenida de Galicia para retirou unha contraventá, a petición dun particular retirou unha sinal viaria na rotonda de do Pombal, retirou unhas ponlas en Vilariño a petición da Policia Local, tamén retirou un canalón nun edificio da av. de Vilariño. En fin cousas pouco graves pero aí está Protección Civil para cando é necesario. Para calquer incidencia o seu número de tfno é 986.52.49.50 ou o 112.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.