Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de febrero de 2014

PASAN A DISPOSICIÓN XUDICIAL OS GARDAS CIVÍS DETIDOS ONTE






Pasaron a disposición xudicial no Porriño os dos gardas civis detidos onte e acusados de colabroar nunha rede de tráfico de drogas. 

Os dos axentes da garda civil, J.L.N.C. e  E.G.V. chegaron o xulgado nº 3 do Porriño que leva a intruccion deste novo caso esta mañá en vehículos camufalados con matriculas comerciais e procedentes da comandancia de Pontevedra onde pasaron anoite. 
Os Gardas Civis están destinados nos postos de Cambados e do Grove e son sospeitosos de colaborar cunha rede de narcotraficantes. 

Foron os seus propios compañeiros os que os prenderon, no curso dunha investigación sobre a banda do 'Fuchico', que distribuía droga a pequena escala na provincia de pontevedra.
Os dous axentes, supuestamente, informaban ao lider da trama para que poidese evitar os controis das forzas de seguridade e tamén participaban nalgunas actividades ilícitas. 

Á espera do que decida o xuíz, polo de agora imputanlles presuntos delitos de revelacion de segredo, tráfico de influenzas e omisión do deber de perseguir delitos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.