O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu hoxe a 5ª Semifinal do Concurso ‘Cocinero del Año’, un evento nacional dirixido a chefs profesionais e avalado polo chef con tres Estrellas Michelin, Martín Berasategui. A última semifinal do concurso contou con tres cociñeiros galegos competindo.
| Lorena Moldes foi unha das participantes |
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro foi a encargada de entregar o galardón ao cociñeiro Asier Alcalde Larrañaga, que resultou vencedor entre os oito semifinalistas desta 5ª semifinal da 5ª edición do premio.
O segundo posto foi para Félix Manso, do Restaurante Gaztelumendi-Antxon; en Irún e o terceiro posto para Iñaki Bretal Romay, do Restaurante Eirado da Leña, en Pontevedra.
O gañador da 5ª semifinal da I Edición do concurso Camarero del Año foi o galego Breogán Diéguez Ayán. Breogán desempeña labores de responsable de Alimentos e Bebidas do Real Club Náutico de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.