TELÉFONOS DE INTERESE

11 de febrero de 2014

DETIDOS OS PRESUNTOS ASASINOS DO CAMBADÉS RESIDENTE EN POIO




Nun primeiro momento pensouse nun roubo con violencia, pero o intento de fuxida do país dunha das arrestadas e que unha delas fose declarada herdeira universal do octoxenario, unha semana antes do asasinato, levantou as sospeitas da Garda Civil.

Onte pola  tarde detivéronse a tres persoas, dúas mulleres e un home, como presuntos autores do crime de Poio. Os feitos ocorreron hai unha semana cando o cambadés residente en Poio, Secundino Prego de 84 anos apareceu morto de xeito violento no seu domicilio. As presuntas autoras, de entre 30 e 50 anos, atopábanse na vivenda no momento do crime e foron as que chamaron ao 112. A investigación mudou nas últimas horas cando unha das sospeitosas intentou fuxir do país. Ademais, unha das detidas pasou a ser a herdeira universal do falecido unha semana antes do crime.Os detidos atópanse na Comandancia da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial, esta mañán.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.