O patrón maior de Cambados e presidente das Confrarías galegas ven de pedir, de forma demagóxica pensamos en Cores de Cambados a vista do pouco que fai polos mariñeiros, que se lles perdoen as cotizacións a Seguridade Social as xentes do mar dos meses de xaneiro e febreiro. Argumenta que que os temporáis están lastrando a economía do sector.
E con eso que se soluciona?. Pan para hoxe fame para mañán?
Este país leva tempo, demasiado tempo, vivindo das subvencións.
Postos a pedir axudas polo mal tempo o sector gandeiro e o sector agrícola tampouco son favorecidos polo temporal. E así poderíamos ampliar a outros sectores.
Os sucesivos governos non fan nada por arranxar estos temas. Pero, perdoar cotizacións nos momentos nos que estamos non é bo para ninguén. Coma sempre, cando a cousa vai ben ninguén fala de cotizar máis pero ao ir mal todo son queixas. Si a todos os que piden un descenso nas cotizacións, subvencións ou outro tipo de axudas se lles concede entón esto sería un absoluto caos.
Creo que sería máis importante buscar solucións e non tanto buscar subvencións.
A todo esto Sr. Benito González presente a demisión porque está ocupando un cargo no que nadie do sector o quere. Non veña agora a pedir polos mariñeiros levando anos como leva so buscando o seu interés e non o dos homes e mulleres do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.