Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de enero de 2014

O GRAN EVENTO DESTE VERÁN QUÉDASE EN EVENTO



Podedes ir facéndovos a idea de que este verán en Cambados, a pesares da propaganda oficial e oficiosa (medios afíns). Todo será igual ou peor a pesar de contar con máis investimento. Ou non.

O proxecto "Musica con D.O." que o Concello vende coma un éxito, en parte si que o é, non é máis que ter concertos con pouco poder de convocatoria, financiados polo Ministerio de Cultura.

Segundo fontes expertas no tema, os cachés dos artistas  

Delafé, y las Flores

Azules, Zahara, Kiko Veneno e Christina Rosenvinge 

sumarían como mínimo 

case os 40.000 euros. Todo esto sin contar a producción, 

que custa cartos 

(montaxe, equipos de son, catering etc, etc).

Polo tanto o vendido como gran proxecto "MÚSICA CON D.O." non deixa de 

ser un programa como o de case todos os anos no noso Concello.


O festival "Música con D.O." celebrarase durante dúas semanas, entre o 14 de xullo e o 3 de agosto de 2014. 
Contará cun programa itinerante que vincula territorios que comparten a cultura vitivinícola. Haberá opcións variadas para distintos públicos, sendo unha oportunidade para coñecer a novos artistas de primeiro nivel do panorama nacional a través dos concertos, como actividade principal, así como outras secundarias relacionadas coasartes escénicas, coa música e coa cultura enolóxica. 
No programa inclúese unha noite de xullo dedicada ao Viño Novo, coa actuación de artistas pop-indie.Delafé y las Flores Azules? 
Haberá unha noite de agosto denominada Gran Reserva co concerto dun artista recoñecido a nivel nacional e para un amplo rango de públicos,. Kiko Veneno? 
A Tarde do Mosto, a principios de agosto, dedicarase aos máis pequenos e ás súas familias cun concerto de música indie infantil na praza de Fefiñáns. Christina Rosenvinge?.

 Outras actuacións musicais previstas inclúen tres sesións vermú no paseo da Calzada con concertos de tres bandas de música das comunidades autónomas adheridas ao proxecto. As bandas de Castrelo e Peñafiel. Unha sesión vespertina de música clásica, Joaquín Taboada e lírica; dúas sesións vespertinas de música tradicional en prazas do conxunto histórico, e outro concerto de jazz, Paco Charlín que servirá de maridaxe entre a música e mailo viño. 

O ciclo de cine Vinéfilos permitirá proxectar nas rúas e no museo do Viño prestixiosas produccións nacionais relacionadas co mundo da gastronomía de directores recoñecidos como Jorge Coira, Felipe Ugarte, Agustí Vila ou Carmen Ruscalleda.


O exitoso, como sinalábamos máis arriba, de todo esto pode ser que a Festa do Albariño salga algo máis económica e o Concello poida invertir parte ou todo o presuposto que ía ser destinado a os eventos do verán en mellorar o noso pobo que tanto ten esquecido o goberno do PP. 


De todas as maneiras haberá que agardar pois fontes do Concello comunicáronnos que"faltan por desvelar varios concertos do panorama musical español para completar o calendario da semana grande albariñense".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.