As Pousadas do Salnés veñen con publicidade gratis. Quen opte ao concurso para a adxudicación das Pousadas que sepa que Louzán está buscando que poidan sair pola tv esas maravillas que construeu e así poder licitalas co reclamo de "la Vuelta". Así se desprende tras ver o percorrido (sen pechar, polo que pode variar ata que sexa definitivo) da primeira das etapas de "la Vuelta" a España 2014 que pasará pola provincia de Pontevedra e que foi desvelado este sábado pola Deputación.
Polo medio a caravana multicolor percorrerá ata 15 concellos da provincia, xa que dende A Estrada se dirixirá a Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, internarase nas bisbarras do Salnés e Arousa pasando por Vilagarcía e Cambados entre outros municipios para dirixirse en última instancia ao Monte Castrove pasando previamente polo Mosteiro da Armenteira.
pechar o percorrido dunha segunda etapa na que terá máis peso o sur da provincia.
Será o cuarto ano consecutivo que a volta ciclista conte con algunha das súas xornadas en Pontevedra, o que supoñerá tamén o aloxamento da caravana da proba durante tres noites en hoteis da zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.