Ultimamente desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas apuran a construcción de E.D.A.R.. Pegaríalle un ataque de de cordura e sentido común?
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, adiantou que as obras da depuradora do Grove estarán rematadas este verán. Este anuncio foi avanzado tras a visita ás obras que realizou esta mañá, onde comprobou que a depuradora se atopa ao 70% da súa execución.
Hernández estivo acompañado polo alcalde da localidade, Miguel Ángel Pérez, polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e polo director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez.
Hernández destacou que “esta infraestrutura supón unha mostra e un paso máis do compromiso do actual Goberno co saneamento das rías”.
O conselleiro argumentou que esta aposta polo saneamento das rías queda reflectida en moitas actuacións, como a posta en marcha da Edar do Umia a finais de 2013, cun investimento de 7,7 millóns de euros.
Hernández lembrou o esforzo realizado na ría de Arousa, que supuxo mobilizar un investimento en obras que están rematadas ou en execución de 56 millóns de euros, dos que 36 millóns corresponden á Xunta; e que no conxunto das rías galegas ese investimento ascende a 457 millóns (un 60% aportado pola Xunta) só nos últimos cinco anos. Engadiu que este orzamento ten máis valor no momento económico actual, dado as dificultades, pero responde a unha necesidade e á política de priorización do gasto que ten a actual Xunta: as actuacións que permitan mellorar o estado das rías sempre serán prioritarias.
Tamén citou o Plan de Saneamento da Ría de Arousa, do que se está a ultimar a redacción do estudo da marxe esquerda (O Grove- Meaño, Vilanova– Cambados e Vilagarcía- Catoira) e do que xa se levou a cabo unha primeira análise e planificación para a marxe dereita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.