Ou alguén usurpou a sua identidade ou ten tanto pelota ao seu carón que cubreu o cupón como mostra de agradecemento.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, doará o premio do concurso PontedeTapas ó comedor de San Francisco, de se confirmar a súa autenticidade.
O titular da Administración recibiu a chamada dos organizadores do evento para lle comunicar que resultou agraciado cun dos premios do sorteo que se realizou entre as persoas que cubriron un cupón valorando as tapas consumidas e para convidalo a asistir onte ó acto de entrega dos galardóns. Finalmente non acudeu e o cheque seralle enviado. Enviaríanllo a outra persoa que non se chamase Rafael Louzán?
Rafael Louzán confirmoulles que asistiría ó acto, pero comunicou tamén que será preciso comprobar a autenticidade do boleto, dado que el non o cubriu persoalmente.
Neste sentido o titular da Deputación recoñeceu que si consome en locais de Pontevedra, como nos doutros puntos da provincia, e que é posible que algunha das persoas que o acompañou cubrise o cupón cos seus datos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.